A Federación de Sindicatos de Periodistas urxe regularizar por lei o traballo dos xornalistas á peza

Sen ningunha protección legal, é o sector que máis sofre a crise económica porque perde o traballo sen indemnización e non cobra desemprego.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público esta mañá o seguinte comunicado:

A situación do fotógrafo freelance Ricard García Vilanova -que recuperou a liberdade o pasado 30 de marzo tras permanecer durante máis de seis meses secuestrado en Siria, como Javier Espinosa (El Mundo) e Marc Marginedas (El Periódico de Catalunya)- é unha boa proba, e a máis cruel, da desprotección absoluta na que traballan os xornalistas á peza. A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) considera necesario que se regule legalmente a situación deste colectivo profesional e insta aos grupos parlamentarios do Congreso a que poñan en marcha con urxencia as iniciativas necesarias para iso.

García Vilanova, ademais de sufrir a mesma situación que os seus dous compañeiros durante os meses de secuestro, non ten recibido ningún ingreso económico porque é un dos miles de profesionais que non cobran un soldo fixo, senón unha cantidade por cada traballo que venden a un medio de comunicación. Se en España estivera regulada por lei esta actividade profesional, como o está en moitos países europeos, durante o seu cautiverio tería percibido uns ingresos para poder afrontar a súa economía personal e a da súa familia.

A grave crise económica dos medios de comunicación repercute con especial dureza nos xornalistas á peza, xa que son os primeiros en quedarse sen traballo e non teñen dereito a ningunha indemnización nin a percibir o subsidio por desemprego, contrariamente aos seus compañeiros de traballo. Ademais, en moitos casos teñen que sorportar retrasos escandalosos para cobrar o seu traballo e incluso substanciosas rebaixas do importe da factura porque as empresas alegan problemas económicos para pagar o acordado. Esta situación castiga con máis intensidade ás mulleres, porque son a maioría deste colectivo. Facemos un chamamento ao conxunto da profesión para que asuma como unha das principais reivindicacións do sector a urxente regularización dos xornalistas á peza, esencial para dignificar a profesión.

A FeSP considera que a lei que regularice os dereitos laborais dos xornalistas e fotoxornalistas á peza debería incorporar, como anexo, o Estatuto do Corresponsal de Guerra que aprobou a I Conferencia de Periodistas del Mediterráneo en Almería en 2005, ratificado por unanimidade polas organizacións profesionais e sindicais que participaron, todas elas pertencentes á Federación Internacional de Periodistas (FIP).

Estes días cúmprense 11 años da morte dos xornalistas Julio Anguita Parrado e José Couso, na guerra de Iraq. Por eles, por todos os informadores que morreron mentres desempeñaban o seu labor profesional en zonas de conflito e para protexer ao máximo aos que continúan a facelo, a FeSP reclama ao mesmo tempo os dereitos laborais e o Estatuto del Corresponsal de Guerra. A FeSP pide a toda a profesión xornalística que colabore na campaña posta en marcha para publicar un libro con fotografías de Ricard García Vilanova, que permita recaudar fondos para axudarlle a afrontar a situación económica da súa familia debido aos seis meses de secuestro.

La FeSP urge regularizar por ley el trabajo de los periodistas a la pieza.


Comments are closed.