A Federación de Sindicatos de Periodistas denuncia o aumento de agresións policiais a xornalistas gráficos

Pide a Interior que respecte o dereito a informar dos medios alternativos por igual que os tradicionais e que se reúna cos organizacións representativas.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público este mediodía o seguinte comunicado da súa Junta Ejecutiva Federal:

As agresións que sufriron cando menos seis fotógrafos por parte de varios policías antidisturbios o sábado 29 de marzo en Madrid, mentres realizaban o seu traballo informativo nunha protesta non autorizada convocada co lema “Jaque al Rey”, foron un salto cualitativo na actitude obstrucionista que algúns axentes manteñen cada vez con máis frecuencia contra os fotoperiodistas durante as protestas da cidadanía na rúa.
Neste caso, como se ve nos vídeos difundidos por varios medios de comunicación, algúns axentes da Unidad de Intervención Policial golpearon e empurraron a varios fotógrafos e, ademais, non lles permitiron axudar a outro fotógrafo que, tras ser fortemente golpeado, caeu e permanecía tombado no chan.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), que sempre ten condenado con toda contundencia estes comportamentos, tamén o fai neste caso e esixe da Delegación do Goberno en Madrid que abra unha investigación e adopte as medidas necesarias para que non se repitan condutas deste tipo.

O incremento das agresións aos fotógrafos ven rexistrándose á vez que van en aumento as protestas contra as políticas do Goberno. É preocupante que o Ministerio do Interior elaborara un anteproxecto de reforma da Lei sobre Protección da Seguridade Cidadá que foi rexeitado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e por outros organismos, porque o consideran anticonstitucional e contrario a dereitos da cidadanía como o da libre expresión e manifestación. O PP está endurecendo a súa política sobre orden público e recortando dereitos democráticos da cidadanía.

Por todo elo, a Junta Ejecutiva Federal da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) manifesta:

1º. A súa rotunda condena ás agresións verbais e físicas a os fotógrafos, por parte de algúns policías, nas manifestacións e protestas públicas. O Ministerio del Interior e os órganos correspondentes deben investigar o ocorrido, esixir responsabilidades e impedir que esas condutas se repitan.

2º.- Os policías, ademais de manter a orde pública, teñen que facilitar o traballo dos xornalistas porque estes profesionais son a garantía de que se cumpre o dereito á información da cidadanía.

3º.- Todos os xornalistas e fotoxornalistas teñen o mesmo dereito a poder acceder á información, sen ser discriminados en función de que traballen para un medio de comunicación tradicional ou para un alternativo e modesto. os profesionais e colaboradores destes últimos medios son os que máis agresións e obstáculos veñen padecendo.

4º.- Si alguén se fai pasar por fotoxornalista sen selo e acude ás manifestacións para provocar altercados, como sosteñen algúns policías, os axentes deben impedilo, pero non a costa de castigar aos profesionais ou colaboradores dos medios pequenos e alternativos.

5º.- Os policías non poden esixir aos xornalistas e fotoxornalistas un carné oficial, como fan con frecuencia, porque en España non está regulada por lei esta profesión e, polo tanto, non existe ese carné. os profesionais identifícanse co carné do medio ou do sindicato ou asociación á que pertencen, xunto co seu DNI.

6º.- O Ministerio do Interior debe iniciar conversas co Foro de Organizaciones de Periodistas (FOP) e a Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), que en conxunto representan á práctica totalidade dos profesionais, para buscar solucións e adoptar medidas que fagan compatible o mantemento da orden pública co traballo dos informadores de todos os medios de comunicación.

La FeSP denuncia el aumento de agresiones policiales a fotógrafos.


Comments are closed.