Unha sentenza condena a La Vanguardia por non respectar o dereito de folga

O Xulgado do Social nº 14 de Barcelona condenou a La Vanguardia a pagar os salarios dos traballadores que demandaron a empresa por non respectar o dereito de folga, xa que a empresa fixo imprimir o diario nuns talleres alleos a ela.

Os traballadores de La Vanguardia convocaran folga os 1 e 2 de decembro de 2005 debido á intención da empresa de segregar o cadro de talleres a outra sociedade do Grupo Godó.

A sentenza obriga a La Vanguardia a indemnizar ós demandantes e a pagar o salario a cada un deles dos días de folga en que a empresa vulnerou este dereito laboral. Os fundamentos da sentenza remarcan que imprimir o diario fóra da empresa é unha ilegalidade.

O conflito en La Vanguardia reactivouse e trouxo novos días de folga debido á intransixencia da empresa, que incumpriu as promesas que motivaron a suspensión das medidas de forza a finais de 2005.

Comments are closed.