O PPdeG pide a o cese do director de informativos da TVG por "manipular" as novas sobre os lumes

Acusano de censurar as opinións do PP nos telexornais

O Partido Popular ataca duramente a cobertura da TVG sobre os incendios nun comunicado, no que pide a demisión do director de informativos. A continuación reproducimos o pronunciamento dos populares galegos:

" A Televisión de Galicia segue a manipular os informativos e a censurar as informacións que está a dar o Partido Popular de Galicia, partido maioritario do Parlamento, o que supón o incumplindo da Lei de creación da CRTVG.

Os populares galegos piden o cese inmediato do director de informativos da canle pública galega por ocultar tres informacións importantes para os galegos: medidas para axudas aos afectados polo lume; información da NASA sobre hectáreas afectadas e, non incriminación aos partidos políticos

CRONICA DO TELEXORNAL DAS 14.30

O informativo das 14.30 na televisión pública galega foi un exemplo do sectarismo e falla de pluralidade que está a vivir a canle pública, e máximo nun tema de tanta importancia na actualidade como é a situación de emerxencia que está vivir Galicia polos lumes que están arrasando a nosa Comunidade.

O telexornal abriu coa declaración institucional do Presidente Touriño, a continuación deuxe información sobre os lumes que se están a producir en Galicia, unha crónica sobre o número de detidos; a entrevista celebrada na mañá de hoxe no programa "Bos días" por parte do conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal e, a visita da Ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, á Costa da Morte.

O informativo continua coas delcaracións de "Nunca mais" nunha rolda de prensa celebrada esta mañá e, sorprendentemente o informativo cambia de tema e non introduce no primeiro bloque de noticias a rolda de prensa do PPdeG, trala reunión do Gábinete de crise do Partido Popular de Galicia –Presidente PPdeG, Secretario Xeral, Presidente provinciais e voceiro parlamentario en Medio Rural-.

CRONICA DESPOIS DAS 15.00 HORAS

O segundo bloque de noticias relacionados cos lumes comeza ás 15.00 horas, tras informacións sobre sucesos e internacionais -rede de estafadores en Cataluña, Fidel Castro, o Líbano …..-.

O segundo bloque de informacións relacionadas co lume comeza retomando a rolda de prensa de "Nunca mais"; un amplo resumo da declaracións institucional do Presidente Touriño e; unha nova sobre rapaces da Illa de Arousa manifestándose contra o lume.

Fronte a inclusión no informativo de dous voceiros de "Nunca Mais", o conselleiro de Medio Rural e o Presidente Touriño, ningún dirixente do PPdeG tivo presencia no Telexornal, a pesares de que hoxe celebrou unha reunión do Gabinete de crise.

Esta é unha mostra escandalosa da censura que está a levar a cabo a dirección da canle pública galega co partido maioritario de Galicia. Con esta actitude estase a impedir aos galegos recibir unha información veraz e completa".

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2006

Comments are closed.