IIIº Congreso FeSP: novos retos, novas respostas

O SXG enviará tres delegados ao IIIº Congreso FeSP para participar alí nos debates e votacións xunto aos compañeiros e compañeiras dos outros seis sindicatos de xornalistas e informadores da federación. Ademais un delegado do SXG estará na Mesa de debate Medios comunitarios y cooperativos: Una demanda social y una salida laboral necesaria. e outra delegada tomará parte no Encontro de traballadores de medios públicos que se celebrará a maiores.

Programa do III Congreso Federal de sindicatos de periodistas
Madrid, 19-20 de outubro 2013


Sábado 19 de outubro
11.00
Acreditación dos delegados e entrega de credenciais
11.15
Elección da mesa do Congreso.
Aprobación do regulamento do Congreso.
11.30
Inauguración
Mensaxe de saudación de Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz. Ex director xeral de la UNESCO.
12.00
La información y la comunicación en el Siglo XXI
Ramon Zallo, presidente de UÑEPICC. Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidad del País Vasco.
13.00
Medios comunitarios y cooperativos: Una demanda social y una salida laboral necesaria.
Mesa de debate (*)
- Carolina Blasco, traballadora de RTV Cardedeu e representante da Red de Medios Comunitarios (ReMC). http://www.rtvc.cat/
- Iago Martínez, programa Disimulen de CUAC FM, radio comunitaria da Coruña. http://cuacfm.org/
- Neus Fernández. Coordinadora de programación de Sa Tevavisió. http://www.sateva.tv/
- Representante de Diagonal.
14.00
Pausa comida
16.00
El nuevo panorama de los sindicatos de periodistas. Propuestas de acción de la FeSP
Manuel Mediavilla, vicesecretario general de la FeSP.
Debate, propostas de resolución.
17.00
Los sindicatos de la FeSP y la regeneración de la democracia en la información y la comunicación. Propuesta programática.
Dardo Gómez, secretario general de la FeSP.
Debate, propostas de resolución.
18.00
Lectura de mocións. Debate e resolucións
19.00
Fin da primeira sesión
19.00
Fora do plenario: Encontro de traballadores de medios públicos

Domingo 20 de outubro
10.30
Informe de gestión 2013-2017 de la Federación de Sindicatos de Periodistas – FeSP
Junta Ejecutiva Federal saínte.
11.00
Lectura das resolucións adoptadas para a súa incorporación ao proxecto FeSP.
12.00
Elección de secretaria/o e vicesecretaria/o da FeSP para o período 2009-20013
Proclamación dos cargos electos.
13.00
Acto de peche con participación das organizacións invitadas.
14.00
Peche do III Congreso da FeSP a cargo do secretario xeral electo de la FeSP.
(*) Os nomes dos integrantes das mesas poden sufrir alteracións de último momento

Comments are closed.