O Comité de La Voz de Galicia desconvoca a manifestación deste domingo

Unha representación do comité intercentros, en nome dos seus membros, acordou hoxe, por maioría, desconvocar a manifestación prevista para o domingo, día 7, as 12 da mañá. Por este motivo aprázanse as asambleas previstas tanto as de hoxe como as do luns e martes. A decisión tomouse nunha reunión urxente que tivo lugar esta mañá coa finalidade de abrir unha nova vía de negociación coa empresa.

Ante a firmeza amosada polo Comité de La Voz de Galicia a empresa accedeu finalmente a sentarse a negociar cos traballadores como se lles requiríu insistentemente. Como acto de boa vontade o Comité acordou por maioría desconvocar a manifestación prevista para este domingo pero mantén activa a convocatoria de folga para o vindeiro día 10 á espera de ver cal é a actitude coa que a empresa abre a nova negociación. Este luns ás 12 da mañá tera lugar a reunión entre os representantes dos traballadores e os da empresa. O SXG lembra aos traballadores e traballadoras de La Voz de Galicia que serán a súa unión e determinación as que marquen o devir da situación. O SXG quere tamén reiterar o seu apoio aos membros do Comité Intercentros e poñerse ao seu dispor.

Comments are closed.