Varios sindicatos aceptan a perda de 71 postos de traballo en RTVE Galicia

A plantilla será de 79 traballadores, 22 máis q a proposta incial da patronal

Segundo informa Galicia Hoxe , un dos puntos fundamentais é o aumento respecto ó preacordo inicial da presenza de traballadores nos centros territoriais. Así, RTVE en Galicia, que conta na actualidade con 150 traballadores indifinidos e 20 con contratos temporais quedará reducido a un total 79 persoas fronte ós 57 que propoñía a Sepi no seu plan inicial.

O centro de televisión en Santiago no que hoxe en día traballan unhas 70 persoas quedará reducido a 32 postos (no texto inicial prevíanse 19). O centro da Coruña contará con 6 profesionais (a proposta inicial era de 3). Mentres os traballadores dos centros de Lugo e Ourense, quedarán con seis cada un, e o de Pontevedra e Vigo, con catro respectivamente, terán que traballar conxuntamente para Radio Nacional e TVE.

En canto a Radio Nacional, en Santiago haberá 6 persoas e na Coruña 15.

O presidente do Comité de Empresa de TVE en Galicia, José Sabel, considera que "se chegou onde se podía chegar". Sabel apunta que "non é unha situación marabillosa, pero tampouco o é o marco e e o cadro é o mínimo que se precisa para manter a estrutura territorial en Galicia". Ademais, destaca que non haberá traslados forzosos.

En toda España o acordo contempla un cadro obxectivo de 6.400 empregados -5.900 fixos e 500 contratados-, cunha redución de 4.150 postos de traballo.

50 anos de historia e de débedas

A redución de cadro que se levará a cabo en RTVE pretende solucionar un endebedamento que reborda os 7.500 millóns de euros.

RTVE, o maior grupo audiovisual de España, cumpre o próximo outubro 50 anos de historia en medio dun amplo proceso de reestruturación.

Á súa chegada ó Goberno, o PSOE impulsou un informe sobre os medios de comunicación de titularidade pública que elaborou un comité de expertos; de alí saíu un diagnóstico que indicaba a necesidade de adoptar medidas urxentes, que se tomaron en dúas direccións.

Por un lado, situaron no Congreso, e non no Goberno, a elección do director xeral e por outro naceu o Proxecto de Saneamento que, entre outra medidas, establece un Expediente de Regulación de Emprego e unha redución dos centros territoriais.

Puntos clave do acordo x

- O excedente de cadro fórmano 4.150 persoas. Os que a 31 de decembro do 2008 sexan maiores de 52 anos poderán acollerse a un sistema de prexubilacións se son traballadores fixos da empresa con máis de seis anos de antigüidade. Ata os 65 anos cobrarán o 73% do soldo bruto. Os menores de 52 anos poderán acollerse a un proxecto de baixas incentivadas cuxas contías quedarán determinadas no Ere.

- Aqueles que desexen acollerse a estas medidas terán 30 días de prazo desde que se aprobe o Ere e, como moi tarde, deberán facelo antes do 30 de outubro de 2006.

- Garanten a existencia dunha estrutura territorial e detallan canto persoal se adxudica ós centros. Os máis pequenos, os de Ceuta e Melilla, funcionarán con oito persoas cada un. O maior será o de Cataluña, con 542 traballadores.

- SEPI e RTVE comprométense a que a porcentaxe máxima de traballadores temporais non sexa superior ó 10% do total dos empregados e establece un prazo ata o 31 de decembro de 2008 para converter o cadro temporal en cadro obxectivo.

- O número de horas anuais de produción propia a partir do 1 de xaneiro do 2007 en TVE, La 2 e Teledeporte será como mínimo de 8.200. Un 23% desa produción, excluídos os Telexornais, efectuarase no Centro de Sant Cugat.

- Permite a externalización de actividades, que deberán ser controladas pola corporación pero prohibe a subrogación de empregados desde RTVE a empresas externas.

- A Corporación contará cunha área de Multimedia con 120 traballadores.

Comments are closed.