Cazelorada na Coruña contra o peche do servicio de atención de Jazztel

700 traballadores á rúa segundo a CGT

A CGT acusa ós medios de comunicación galegos de ignorar os anuncios de movilizacións contra o peche. A mesma recriminación figura nos comentarios dalgúns traballadores na Rede: "non se publicou nada en prensa, televisión ou radio".

A web da organización informa que "Teleperformance, Stream e Emergia, quedarán sen traballo ó rematar o verán".Isto podería significar a perda de 700 empregos para a CGT, uns 300 segundo comentarios publicados polos afectados.

Os traballadores acusan á Jazztel de trasladar ás súas subcontratas a Arxentina, a pesares do bo rendimento laboral da plantilla coruñesa. A operadora non se pronunciou de xeito oficial.

A convocatoria de protesta foi fixada para as 12 do mediodía do sábado 25 de xullo na praza de María Pita.

Comments are closed.