O Sindicato de Xornalistas participa en Puntogal, a promotora dun dominio galego en Internet

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) é unha das 38 organización participantes en Puntogal, unha asociación para logar a concesión dun novo dominio de Internet, o ".gal". Este dominio serviría para indentificar os contidos directamente relacionados coa cultura e línguas galegas.

O SXG decidiu unirse a esta iniciativa porque entende que un dominio galego sería positivo para promocionar a actividade económica do sector da comunicación na Comunidade Autónoma. Isto, en último término, podería servir para a creación de novos postos de traballo para os traballadores da comunicación.

Puntogal está presidida pola Real Academía da Língua Galega e nela participan universidades, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e outros colectivos sociais e empresariais.

O obxectivo final é lograr que a ICANN, a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers, aprove a implantación do dominio ".gal", como xa fixo co ".cat" en Catalunya.

Comments are closed.