O Consello Directivo do SXG avaliará o primeiro ano de traballo do Sindicato o próximo 24 de xuño

Avaliar os xuízos que promoveu o SXG durante o seu primeiro ano de traballo é un dos obxectivos do segundo Consello Directivo do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG). A xuntanza terá lugar o próximo día 24 de xuño en Santiago de Compostela.

A cita é na Galería Sargadelos (Rúa Nova, nº 16, Santiago de Compostela); o mesmo lugar que a primeira reunión do Consello. Na sesión votarase o regulamento de funcionamento do Consello Directivo. Os temas da orde día son:

  • 1– Balance de actuacións da Xunta Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia. Ano 2005-2006

    1a- Asesoría xurídica. Xuízos, balance de consultas e renovación do contrato co bufete Angueira e Arnoso.

    1b- Rolda de presentación institucional.

    1c- Actividades formativas e informativas: O Estatuto do Xornalista Profesional. Presente e futuro da profesión. Acción sindical: contactos con traballadores e comités de empresa.

    1d- Participación en xornadas noutros puntos do Estado. Papel e funcións asumidas polo Sindicato de Xornalistas de Galicia dentro da FESP.

    1e- Departamento de comunicación. Presenza nos medios. Notas e roldas de prensa.

    1f- Relación de servizos ofertados aos afiliados.

    1g- Estado de contas e de afiliacións.

  • 2– Obxectivos e prioridades para o ano 2006.
  • 3– Funcionamento do Consello Directivo.

    3a- Informe sobre baixas e altas no Consello Directivo. Proposta de colaboracións puntuais de membros alleos ao Consello Directivo.

    3b- Análise e aprobación, se procede, do borrador de regulamento interno do CD.

  • 4– Informe de actividades do Comité de Garantías.
  • 5– Rogos, preguntas e suxestións.
  • 6– Fixación da data da próxima reunión do Consello Directivo.

A Executiva do SXG lembra ós convocados que a asistencia é vital para o funcionamento do Sindicato. Por iso, roga que se fagan os asustes necesarios nas axendas para que todos poidan asistir.

Comments are closed.