O Sindicat de Periodistes de Catalunya defende o estatuto profesional fronte á "ditadura mediática"

Dardo Gómez comparece no Congreso

Dardo Gómez defendeu que "os medios se apropiaron da información como se fóra da súa propiedade", o que ó seu xuízo non garante o dereito á información dos cidadáns.

"A información é dos cidadáns e fana os xornalistas, e iso hai que protexelo con garantías para os informadores", asegurou Gómez en declaracións a Europa Press ó termo da súa comparecencia na Comisión Constitucional, que tramita a proposición de lei de IU, actualmente en fase de relatorios.

Ó seu xuízo, o momento actual está dominado dun "estado de indefensión" debido a unha "apropiación da información que fan os medios e que manexan segundo os seus intereses".

Comments are closed.