Comunicado de apoio aos traballadores despedidos no Diario de Pontevedra

A Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunida este sábado en Santiago de Compostela, quere amosar o seu total apoio aos traballadores despedidos esta semana no Diario de Pontevedra, seis traballadores de redacción e unha de administración aos que a empresa lles rescindiu o contrato baseados en motivos económicos, así como a tres bolseiros de redacción. O SXG tamén respalda as reivindicacións dos traballadores e todas as accións que leven a cabo nos vindeiros días, a primeira unha folga de sete días que comezará o vindeiro 5 de novembro. Continue reading

O SXG mostra o seu total apoio aos traballadores do grupo La Capital ante a ampliación do ERTE que están a sufrir

Despois de asinar un ERTE en xullo de 2013, empresa e traballadores do grupo La Capital veñen de asinar unha prolongación ata xuño de 2015 que afectará aos cinco xornais da cabeceira (Ideal gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, Deporte Campeón e Diario de Arousa). O Sindicato de Xornalistas de Galicia quere mostrar o seu total apoio ao plantel de traballadores afectados, que verán mermada un ano máis a calidade do seu emprego cando estaba a piques de rematar o anterior ERTE plantexado pola empresa e que están a ser os que co seu sacrificio a manteñen. Continue reading

Radio Coruña asina un novo convenio que garante a estabilidade laboral

Acordo entre empresa e traballadores para asinar o novo convenio en Radio Coruña, vixente ata decembro de 2016, prorrogable durante anos vindeiros se ningunha das dúas partes o denuncia. Tras meses de negociacións nos que o Sindicato de Xornalistas de Galicia estivo moi implicado, financiando a presencia e soporte en todas as reunións do gabinete xurídico e a través da representante sindical do SXG, dirección e comité de empresa chegaron a un punto de entendemento no que se garante a estabilidade laboral aínda que cunha perda de poder adquisitivo asumible por parte dos traballadores. Os resultados supoñen un cambio considerable a favor dos tarballadores respecto ás primeiras intencións da empresa. Continue reading

Atlántico Diario plantexa un novo ERE

Comité de Empresa e dirección empresarial de Atlántico Diario están a negociar os aspectos dun segundo ERE, que seguiría os pasos do expediente de regulación de emprego feito hai uns meses na outra cabeceira do grupo, La Región, e que aínda non concluiu. Esta proposta de ERE chega case un ano despois doutro feito por esta cabeceira e que deixou ao corpo laboral nun estado precario.

Tan só preto de 30 traballadores conforman o xornal vigués e nesta ocasión o ERE afectaría a 10 deles, deixando unha exigüa plantilla para sacar á rúa a edición diaria. A proposta feita pola empresa contempla o desmantelamento de departamentos como fotografía ou producción. Esta medida iría acompañada dunha rebaixa salarial do 10% para o resto de empregados. Continue reading