O Comité de La Voz de Galicia desconvoca a manifestación deste domingo

Unha representación do comité intercentros, en nome dos seus membros, acordou hoxe, por maioría, desconvocar a manifestación prevista para o domingo, día 7, as 12 da mañá. Por este motivo aprázanse as asambleas previstas tanto as de hoxe como as do luns e martes. A decisión tomouse nunha reunión urxente que tivo lugar esta mañá coa finalidade de abrir unha nova vía de negociación coa empresa. Continue reading