Total respaldo do SXG á xornalista Leticia Vilar ante os ataques do grupo provincial do PP de Lugo á súa situación laboral

O Sindicato de Xornalistas de Galicia quere amosar o seu apoio a Leticia Vilar Pumares, xornalista e directora de comunicación e TICs da Deputación Provincial de Lugo, logo do ataque perpetrado a súa situación laboral por parte do grupo provincial do PP lucense, que cuestionou a lexitimidade do seu acceso ao posto nun comunicado enviado aos medios no que asegura que “se converte en funcionarios a persoal de confianza do presidente”, José Ramón Gómez Besteiro. No comunicado aluden directamente á xornalista e á súa praza dentro da institución. Continue reading

A Ley de Seguridad Ciudadana cercena dereitos fundamentais

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público o seguinte comunicado:

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) pide aos grupos parlamentarios que corrixan o proxecto de Ley Orgánica de Protección de la Seguridad Ciudadana, que actualmente tramita o Congreso dos Deputados, porque o seu articulado vulnera dereitos fundamentais dunha sociedade democrática. Respecto ao traballo dos profesionais da información, imprescindible nunha democracia, o proxecto elaborado polo Goberno é un grave menoscabo de dereitos como o de expresión, o de información e o de reunión. Todos eles están protexidos por tratados internacionais que foron asinados polo Estado español, como a Declaración Universal de Dereitos Humanos (artigo 19), o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (artigo 19) e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos (artigo 10). O artigo 36.26 do proxecto de lei sanciona «o uso non autorizado de imaxes ou datos personais ou profesionais de autoridades ou membros das Forzas e Corpos de Seguridade que poidan poñer en perigo a seguridade persoal ou familiar, das instalacións protexidas ou en risco o éxito dunha operación». Continue reading

Apoio total do SXG á Plataforma en Defenda da Onda Corta de Radio Exterior de España

O Sindicato de Xornalistas apoia expresamente a campaña da Plataforma en Defensa da Onda Corta en Radio Exterior de España (REE) para a recuperación das emisións que foron suprimidas o pasado 15 de outubro. “Consideramos que este servizo garante o cumplimeto do dereito a recibir información de moitos cidadáns que por diferentes motivos están desprazados circunstancial ou temporalmente fóra das nosas fronteiras. Non cremos xustificado o seu peche”, como lle trasladou á Plataforma o secretario xeral do SXG, Santiago Montes. Continue reading

Comunicado de apoio aos traballadores despedidos no Diario de Pontevedra

A Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunida este sábado en Santiago de Compostela, quere amosar o seu total apoio aos traballadores despedidos esta semana no Diario de Pontevedra, seis traballadores de redacción e unha de administración aos que a empresa lles rescindiu o contrato baseados en motivos económicos, así como a tres bolseiros de redacción. O SXG tamén respalda as reivindicacións dos traballadores e todas as accións que leven a cabo nos vindeiros días, a primeira unha folga de sete días que comezará o vindeiro 5 de novembro. Continue reading