O SXG advirte a Prisa que El País perderá prestixio e alcance cos despedimentos

O Sindicato de Xornalistas de Galicia fai un chamamento aos directivos  do xornal El País e do Grupo Prisa para que non deixen esmorecer  o papel referencial dese xornal  no xornalismo do Estado. A pretensión de facer un produto informativo da mesma calidade e alcance que tiña suprimindo edicións autonómicas, incluída a de Galicia, e rebaixando sensiblemente o cadro de persoal  está abocada á perda de prestixio e calidade.
Continue reading

O Sindicato de Xornalistas apoia a marcha sobre Madrid convocada polo Cumio Social

O Sindicato de Xornalistas de Galicia e a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) apoia con todas as súas forzas a Marcha sobre Madrid que convocou o Cumio Social para o sábado 15 de setembro, porque existen razóns máis que sobradas para dicirlle ao Goberno na rúa que non pode continuar coas políticas de recortes se quere crear emprego e que saiamos da crise. O Cumio Social, que se constituíu a instancias de CCOO e UGT, está integrado por máis de 150 organizacións sindicais, sociais e cidadás de todo tipo, entre elas a FeSP e os seus sindicatos. Continue reading

O Sindicato de Xornalistas condena a violenta detención dun fotógrafo en Peinador

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia a violencia gratuíta e innecesaria coa que foi detido onte o fotógrafo do Diario de Pontevedra no Aeroporto de Peinador, Vigo. Como se pode comprobar nas imaxes publicadas,  axentes da Unidade de Intervención Policial chegaron a pórse sobre sobre R. E. tras botalo ao chan para esposalo e arrestalo. Continue reading

O Sindicato de Xornalistas critica os despedimentos en Atlántico Diario

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) expresa a súa solidariedade coa ducia de traballadores que Atlántico Diario acaba de botar nun ERE, en principio temporal por seis meses. Cómpre destacar que varios destes asalariados teñen décadas de experiencia na empresa. O SXG lembra que Rías Baixas Comunicación, editora de Atlántico, e a súa matriz, o grupo La Región de Ourense, reciben, ao igual que o resto de empresas editoras de xornais en papel, importantes subvencións públicas. Continue reading