O SXG reclama que as novas licencias FM signifiquen a creación de postos de traballo

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama que o concurso para novas licencias de radio FM, actualmente en tramitación, non se resolva co Goberno da Xunta en funcións. O SXG lembra os malos precedentes das emisoras de Televisión Dixital Terrestre, que se repartiron co Goberno de Manuel Fraga en funcións. A consecuencia da precipitada resolución do concurso é que finalmente os recursos públicos adxudicáronse sen que se crearan os postos de traballo aos que están obrigadas as concesionarias. Continue reading

O SXG e a FeSP solidarízase cos traballadores de El País e cos do Grupo Unidade Editorial, ameazados por senllos ERE desorbitados

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), na que participa o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) solidarízase cos traballadores de El país e condena rotundamente as ameazas que lles fixo chegar o director do xornal, Javier Moreno, para que non sigan adiante coa folga de firmas que aprobou a asemblea como protesta polo anuncio empresarial de despedir 149 persoas, a terceira parte do equipo. Continue reading