Os sindicatos de xornalistas rexeitan o desmantelamento das TV públicas que promove o PP

A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), na que participa o Sindicato de Xornalistas de Galicia, rexeita con toda rotundidade o intento de desmantelar as televisións públicas autonómicas que pretenden os gobernos do PP. Os despedimentos anunciados en Telemadrid, Canle Nou e IB3 farán imposible que esas empresas poidan desenvolver o seu traballo en condicións minimamente aceptables e deixarán a porta aberta para a externalización da maioría dos programas. Cómpre lembra tamén que na CRTVG a dirección acaba de anunciar a súa intención de denunciar o convenio que regula as relacións dos traballadores do ente público galego. Continue reading

O Sindicato de Xornalistas de Galicia condena a agresión ao fotógrafo galego durante a folga xeral en Madrid


O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) critica a agresión sofrida polo fotógrafo de El Confidencial, o galego Iván Gil. Mentres estaba traballando en Madrid durante a última folga xeral, o traballador foi golpeado por un membro das Unidades de Intervención Policial, os coñecidos como ‘antidisturbios’.

Continue reading

O SXG convoca a todos os traballadores da comunicación, tamén aos da prensa escrita, á folga xeral este mércores

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) chama a todos os traballadores do sector da comunicación a secundar á folga xeral deste mércores, 14 de novembro. O SXG destaca que por vez primeira tamén os asalariados dos diarios en papel están convocados ao paro o mesmo día que o resto de proletarios,  e non un día antes, como sucedeu nos anteriores paros xerais.

Convocatorias para informandores nas manifestacións

A central salienta pois que cómpre deixar de traballar entre as 00 e as 24 horas do día 14 e participar activamente nas manifestacións unitarias que están convocadas na comunidade levando as comisetas e bandeiras do SXG.  De cara á participación nas manifestacións unitarias programadas, o SXG chama a todos os compañeiros a participar conxuntamente, tendo artellado dous lugares de encontro antes de sumarse ás protestas comúns:

Santiago: ante a oficina de Caixa Galicia da Praza Roxa ás 11:45 horas.
Vigo: Xunto ao quiosco de prensa da Praza de España  ás 11 horas. Continue reading

O SXG critica á fiscalía por pórse do lado da Policía nos xuízos por agresións a xornalistas

 O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Ministerio Fiscal maior unha  defensa do dereito da cidadanía a ser informada. En opinión do SXG, a fiscalía non persigue como debera as agresións aos informadores, especialmente os cargos son presentados contra axentes das forzas de seguridade. Continue reading

Os sindicatos convocan a todos os xornalistas á Folga Xeral o 14-N

Os sindicatos pertencentes ao Foro de Organizacións de Xornalistas –a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, a Agrupación Xeral de Xornalistas de UGT (AGP-UGT), Xornalistas de CCOO e Sindicat da Imatge (UPIFC)– chaman a todos os traballadores e traballadoras dos medios de comunicación a sumarse á xornada de Folga Xeral do próximo 14 de novembro. Continue reading