Rexeitamento ás acusacións da portavoz de Israel en España

A FeSP considera intolerables as descalificación e acusacións contra a enviada especial de TVE a Gaza, Yolanda Álvarez, formuladas pola funcionaria Hamutal Rogel. Continue reading

O SXG mostra o seu total apoio aos traballadores do grupo La Capital ante a ampliación do ERTE que están a sufrir

Despois de asinar un ERTE en xullo de 2013, empresa e traballadores do grupo La Capital veñen de asinar unha prolongación ata xuño de 2015 que afectará aos cinco xornais da cabeceira (Ideal gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, Deporte Campeón e Diario de Arousa). O Sindicato de Xornalistas de Galicia quere mostrar o seu total apoio ao plantel de traballadores afectados, que verán mermada un ano máis a calidade do seu emprego cando estaba a piques de rematar o anterior ERTE plantexado pola empresa e que están a ser os que co seu sacrificio a manteñen. Continue reading

O SXG apoia as mobilizacións que este sábado pedirán un referendum sobre a xefatura do Estado

Baixo o lema «Referendum Xa! Por un proceso constituínte» este sábado día 7 sairán á rúa en toda Galicia e no resto do Estado milleiros de persoas para reivindicar o seu dereito a participar na decisión sobre a xefatura do Estado que compre facer despois da abdicación do Rei. A Xunta Executiva do Sindicato de Xornalistas de Galicia acordou apoiar estas mobilizacións e convocar á súa afiliación e simpatizantes a tomar parte nelas.

Continue reading

Radio Coruña asina un novo convenio que garante a estabilidade laboral

Acordo entre empresa e traballadores para asinar o novo convenio en Radio Coruña, vixente ata decembro de 2016, prorrogable durante anos vindeiros se ningunha das dúas partes o denuncia. Tras meses de negociacións nos que o Sindicato de Xornalistas de Galicia estivo moi implicado, financiando a presencia e soporte en todas as reunións do gabinete xurídico e a través da representante sindical do SXG, dirección e comité de empresa chegaron a un punto de entendemento no que se garante a estabilidade laboral aínda que cunha perda de poder adquisitivo asumible por parte dos traballadores. Os resultados supoñen un cambio considerable a favor dos tarballadores respecto ás primeiras intencións da empresa. Continue reading

«Non hai liberdade de información sen pluralismo»

Con motivo das próximas eleccións europeas, facemos un chamamento a todos os candidatos a comprometerse “pola recuperación da liberdade e o pluralismo dos medios en Europa”.

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) (á que pertence o Sindicato de Xornalistas de Galicia), respaldando a iniciativa da Federación Europea de Periodistas (FEP), está facendo chegar a todos os candidatos españois ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio o “Manifesto dos xornalistas”. Continue reading