Folga nos medios do grupo Editorial La Capital

O Sindicato de Xornalistas de Galicia amosa o seu total apoio aos traballadores e traballadoras do grupo empresarial Editorial La Capital, que este venres 23 de xaneiro levarán a cabo unha xornada de folga e concentracións en distintas cidades de Galicia para reclamar cambios na empresa, como a regularización no abono das nóminas ou o pagamento das débedas pendentes. Continue reading

Ábrese a inscrición para o V Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ de ACPP e Agareso


A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) acaban de abrir o prazo para inscribirse na quinta edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. O curso inclúe unha expedición a Marrocos onde dúas das participantes traballarán con organizacións locais.. Continue reading

Búscanse voluntarios para a performance Atlas

Persoas de diferentes profesións, idades, orixes e crenzas. É o que Ana Borralho e Joao Galante buscan para darlle vida a Atlas, un espectáculo que reúne sobre o escenario a 100 persoas distintas, entre elas xornalistas, gráficos e comunicadores, conformando unha especie de atlas de organización social humana, unha representación dos seres humanos a través do seu papel na sociedade na que se inxiren. Continue reading

A FeSP consegue que a Defensora del Pueblo rectifique a súa postura da obrigatoriedade do uso de chaleco identificador

A Institución do Defensor del Pueblo, que dirixe Soledad Becerril, recoñeceu por escrito á Federación de Sindicatos de Periodistas da que é parte o SXG que os chalecos de identificación que a Dirección General da Policía Nacional recomenda utilizar aos fotoxornalistas nas manifestacións e protestas na rúa non son obrigatorios e, ademais, so están a disposición dunha asociación profesional e non de todas as representativas do sector. Continue reading

A FeSP pide unha rectificación á Defensora del Pueblo

Agustín Yanel, secretario xeral da Federación de Sindicatos de Periodistas, asina unha carta para pedir que Becerril rectifique as declaracións nas que asegura que os informadores deben de vestir un chaleco branco nas manifestacións, cando é algo voluntario e so se facilita aos afiliados dunha asociación, e quenes non o empregan se poñen «nunha situación de risco».

A Federación de Sindicatos de Periodistas solicitou á institución do Defensor del Pueblo que rectifique a resposta que lle deu ao Movemento polos Dereitos Civís, na que indicaba que os xornalistas que non van ás manifestacións identificados cun peto de cor branco coa inscrición «prensa», a modo de chaleco, estanse a pór «nunha situación de risco neste tipo de eventos». Continue reading